Comercio electrónico
Funcións e servizos
- Creación da tenda en liña ou E-Commerce e rexistro do catálogo de produtos: terás á túa disposición un catálogo na túa tenda online, no que estarán dispoñibles os teus produtos, a través do seu rexistro, importación ou carga. A solución inclúe cargar polo menos 100 referencias dos teus produtos, a non ser que non teñas este número, caso en que pode ser menor.
- Métodos de pago: o Axente de dixitalización que seleccionaches configurará e integrará os métodos de pago na túa tenda en liña.
- Deseño responsive: o teu comercio electrónico pódese usar en todo tipo de dispositivos.
- Accesibilidade: o deseño da túa tenda en liña cumprirá os criterios de cumprimento do nivel AA das directrices WCAG-2.1.
- Posicionamento básico en internet: a túa tenda online será indexable polos principais buscadores (On-Page).
- Autoxestionable: tamén disporás dunha plataforma de xestión de contidos para que poidas modificar os contidos da túa web sen necesidade de axuda.
- Métodos de envío: terás configurado e integrado os métodos de envío dixital e físico dos produtos na túa tenda en liña.
Importe máximo da axuda
- 0 < 3 empregados: 2.000 €
- 3 < 9 empregados: 2.000 €
- 10 < 50 empregados: 2.000 €